• Black YouTube Icon
  • Black Instagram Icon
O Viso, Santiago de Compostela

2019

Os contrapuntos dunha das aldeas da periferia máis inmediata da cidade capital do país.

 
Un día con José Antonio Montoiro
 

Ao carón da cidade, hai un rapaz que bota as vacas a pacer pola corda, que moe o millo no muíño e que pertence con orgullo á casa do Quinto. Jose é veterinario e percorre quilómetros de estrada todos os días, mais o punto de partida e punto de remate da xeira sempre é o mesmo: a corte onde ten os seus animais, aos que coida con tanto esmero.

Un día con Marisol Andrade
 

Marisol recorda con cariño e estima aqueles tempos nos que subía ao pueblo repartir o leite polas casas. Conta que se movía de marabilla pola cidade coa súa express vermella! Dende aquela os tempos cambiaron, pero O Viso segue sendo o lugar que máis vantaxes reúne para ela.

Un día con Rocío Martínez
 

Rocío, se ben cando era cativa desexaba vivir no centro de Santiago, o destino levouna ata O Viso hai uns dez anos. Naceu nunha aldea e hoxe en día segue sendo o espazo no que se sente máis cómoda. No seu relato, non dubida en facer un alegato en defensa do rural, e en concreto, do máis próximo ás cidades.

Un día con Jesús Vieites

Jesús vive entre a autopista e o tren. Di que polo medio e medio - onde está a súa casa - non cre que pase "ningún bicho máis". Orgulloso de ser do Viso, e logo de pasar máis de media vida traballando en diferentes fábricas, agora dedícase a coidar das súas galiñas e da súa horta. Con todo, pensa que o futuro do lugar estará na edificación de chalets e de máis construcións.

 

Aldeas Galas | 2019